Estratexia Integral Loxística de Galicia

Integrada na Axenda da Competitividade de Galicia – Industria 4.0, a Estratexia Integral de optimización loxística de Galicia (EIOLG) establécese como a folla de ruta que permite identificar as grandes oportunidades loxísticas de Galicia mediante un enfoque eficiente e intelixente que fomente o aproveitamento da ampla e destacable rede de infraestruturas de calidade e nodos loxísticos.

Camiñando cara á nova loxística 4.0, a EIOLG favorecerá o desenvolvemento dos sectores estratéxicos galegos, incrementando a súa competitividade e o seu valor engadido e servindo de soporte ao tecido produtivo nesta nova revolución industrial.

O proceso de elaboración da estratexia estará baseado na visión que aporten as empresas industriais, os operadores loxísticos, clústeres empresariais, os xestores de solo e infraestruturas, as entidades que conforman o sistema de innovación e transferencia e a Xunta de Galicia.

GRAFICO-2-01

OBXECTIVOS DA ESTRATEXIA INTEGRAL DE OPTIMIZACIÓN LOXÍSTICA DE GALICIA

Pór en valor o potencial loxístico de Galicia como unha plataforma relevante no sur de Europa.

Configurar unha folla de ruta consensuada e participativa que incorpore os puntos de vista de todas as partes intervenientes na cadea loxística, que reflicta as necesidades do sistema produtivo e impulse a conectividade exterior do territorio.

Propor un marco de mellora da xestión e coordinación do sistema loxístico galego que optimice o seu funcionamento e favoreza o desenvolvemento das súas capacidades diferenciais.

Dinamizar as infraestruturas e os nodos loxísticos galegos póndoos ao servizo dos sectores estratéxicos da economía galega, maximizando a súa contribución ao progreso da nosa comunidade autónoma.

Avanzar cara á nova loxística 4.0 como un elo crave que xunto á Fábrica Intelixente será unha das claves do novo modelo produtivo para Galicia.

Impulsar novos proxectos de colaboración empresarial que ofrezan resultados tanxibles e demostrativos que axuden a configurar a nova loxística galega grazas a enfoques eficientes e intelixentes.

logos_2-03_